Concerto Expansivo por un Monte Vivo

Este sábado expándese a música polo país. Por un Monte Vivo. Por dignidade. Por unha nova política forestal. Porque esiximos responsabilidades na xestión da vaga de lumes de outubro.

O Concerto Expansivo por un Monte Vivo celébrase simultáneamente o sábado 4 en:

OURENSE. 21h
El Pueblo Café Cultural: Ménage à trois grupo, Blues do País, Thetetasvan Van e O Sonoro Maxín.

COMPOSTELA
21h A Gramola Café: Regueifesta e Banda da Gramola
20h Gentalha Do Pichel: Gergelyes, Paula Carballeira e Foliada Popular

FERROL 22h
Fundaçom Artábria: Rottentown e Iron Hunter.

MOS 18h
CSCD As Pedriñas: Asacocirco Compañia, A Vacaloura Vermella e Tanto Nos Ten (TNT) Música Tradicional Furtiva

VILAR DE SANTOS 18h
A Arca da Noe: A Banda dos Cueiros

MANZANEDA 21h
Festival A Rebusca: Maskarpone OU, Cé orquestra pantasma e Leo Arremecághona

VILA DE CRUCES 21.30h
A Esghalla: Charabiscas e Musicantes

Solidariedade: O diñeiro recadado no Concerto Expansivo destínase integramente a proxectos pedagóxicos e de recuperación medioambiental dos colectivos: Asociación Ecoloxista Adega, Amigos da Terra , Amigos das Arbores da Limia e Amigas das árbores · Ourense

Se queres organizar un Concerto Expansivo por un Monte Vivo #CExMV aquí tes a información necesaria:

QUE SON
Esta iniciativa parte dun grupo de músicas mobilizadas coa traxedia vivida polas galegas e galegos nos lumes de outubro e vai en solidariedade con todas as persoas afectadas.
Nos CExMV pode haber música, maxia, humor, contos… e calquera outra forma de expresión artística.

POR QUE
Os Concertos Expansivos por un Monte Vivo pretenden ademais poñer o foco na raíz do problema: a necesidade dunha política forestal de cara ao rural diferente que axude a erradicar dunha vez para sempre o problema dos incendios forestais no País. Esixe asimesmo que se asuman responsabilidades políticas pola desastrosa xestión por parte da Xunta na xornada do domingo 15 de outubro e madrugada do 16.
Por iso todos os CExMV comezarán coa lectura dun texto común escrito pola poeta María Lado: o Manifesto por un Monte Vivo.

CANDO E ONDE
O sábado 4 de novembro por todo o país e máis aló. Podes organizar un CExMV na túa vila, pobo ou cidade preferibelmente ás 21h, sempre e cando se ateña a estes parámetros. Será promocionado neste evento.

COMO O FACEMOS
A organización dos concertos expansivos será descentralizada e horizontal. Todas as salas, músicas, técnicas se autoorganizarán e traballarán dacordo aos parámetros fixados neste texto.
Se xa tes en marcha unha iniciativa cultural ou artística para esa data podes adherirte aos CExMV.
Procurarase que en cada localidade só se celebre un CExMV para aumentar a potencia de chamamento dos mesmos.
Os CExMV guiaranse por unha lóxica de #custecero que significa que todas as persoas implicadas procurarán fórmulas de funcionamento que non supoñan gastos económicos para a celebración dos concertos. Así, todo o equipo de PA e backline funcionará baixo a lóxica colaborar e compartir.

TRANSPARENCIA
Os Concertos Expansivos por un Monte Vivo terán unha entrada solidaria de 5€ destinada integramente a iniciativas de recuperación ambiental dos ecosistemas danados e actividades pedagóxicas para difundir a importancia dun monte vivo.

Os cartos repartiranse entre dous colectivos expertos no tema: Amigos da Terra e Adega. Cada un deles explica como se van invertir eses cartos:

“Amigos da Terra desenvolverá accións de voluntariado para a rexeneración de zonas afectadas por lumes forestais así como accións de educación ambiental, sensibilización e mobilización social que contribúan a que se emprendan os cambios necesarios nas políticas forestais que reduzan no futuro o risco e alcance do problema dos incendios.”

“Dende Adega En novembro estamos a organizar unhas xornadas internacionais Galiza-Portugal sobre os lumes; temos en marcha unha ILP para a defensa do bosque autóctono e a loita contra o eucalipto que precisará apoio para a difusión e a recollida de sinaturas; estamos a desenvolver proxectos de voluntariado para a eliminación de especies invasoras como o eucalipto en hábitats sensibles; e imos realizar xunto con varias comunidades de montes proxectos de custodia para a recuperación de montes queimados de cara á primavera.”

Os CExMV serán en todo caso de entrada libre para todas aquelas persoas que non poidan aportar economicamente e prefiran facelo en forma de colaboración na produción ou difusión dos mesmos. Haberá unha caixa de resistencia para doazóns voluntarias dun mínimo de 5€.
Nengunha persoa participante nos CExMV cobrará diñeiro.
A xestión do diñeiro recadado nos CExMV será totalmente transparente e será publicado o diñeiro total recadado así como se dará cumprida información do destino final de todos os cartos.
Ademais existirá unha fila 0 cunha conta corrente de Amigos da Terra aberta en ES83/3070/0043/0261/6681/1023 para aquelas persoas que queiran aportar usando o concepto “Monte Vivo”.

Máis info en:
Twitter: https://twitter.com/CExMV17
Correo-e: concertoexpansivoxunmontevivo@gmail.com
Canle de Telegram: https://t.me/CExMV

GZ int
QUE SOM?
Esta iniciativa parte dun grupo de músicas movilizadas com a tragédia vivida polas galegas e galegos no lume de outubro e vai em solidariedade com todas as persoas afectadas.
Nos CExMV pode haver música, mágia, humor, contos… e qualquer outra forma de expressom artística.

PORQUÊ?
Os Concertos Expansivos por um Monte Vivo pretendem ademais pór o foco na raíz do problema: a necessidade dumha política forestal para o rural diferente que ajude a erradicar dumha vez para sempre o problema dos incéndios forestais no País. Exixe também que se asumam responsabilidades políticas pola desastrosa gestiom por parte da Xunta na jornada do domingo 15 de outubro e madrugada do 16.
Por iso todos os CExMV começarám com a leitura dum texto comum escrito polas poetas Lucía Aldao e María Lado: o Manifesto por um Monte Vivo.

QUANDO E ONDE?
O sábado 4 de novembro por todo o país e mais aló. Podes organizar um CExMV na tua vila, povo ou cidade preferivelmente às 21h, sempre e quando se atenha a estes parámetros. Será promocionado neste evento.

COMO O FAZEMOS?
A organizaçom dos concertos expansivos será descentralizada e horizontal. Todas as salas, músicas, técnicas se autoorganizarám e trabalharám de acordo aos parámetros fixados neste texto.
Procurara-se que em cada localidade só se celebre um CExMV para aumentar a poténcia de chamamento dos mesmos.
Os CExMV guiaram-se por umha lógica de #custecero que significa que todas as persoas implicadas procurarám fórmulas de funcionamento que nom suponham gastos económicos para a celebraçom dos concertos. Assi, toda a equipa de PA e backline funcionará baixo a lógica colaborar e compartir.
Para comunicar-nos empregaremos o correio-e concertoexpansivoxunmontevivo@gmail.com e a canle em Telegram https://t.me/CExMV

TRANSPARÊNCIA
Os Concertos Expansivos por un Monte Vivo terám um bilhete de entrada solidário de 5€ destinado integramente a iniciativas de recuperaçom ambiental dos ecosistemas danados e atividades pedagógicas para difundir a importáncia dum monte vivo.

O dinheiro repartira-se entre dous colectivos expertos no tema: Amigos da Terra e Adega. Cada um deles explica como se vam invertir esses cartos:

“Amigos da Terra desenvolverá acçons de voluntariado para a regeneración de zonas afetadas por lumes forestais assi como acçons de educaçom ambiental, sensibilizaçom e mobilizaçom social que contribuam a que se emprendam os cámbios necessários nas políticas forestais que reduzam no futuro o risco e alcance do problema dos incéndios.”

“Dende Adega em novembro estamos a organizar umhas jornadas internacionais Galiza-Portugal sobre os lumes; temos em marcha umha ILP para a defensa do bosque autóctono e a luita contra o eucalipto que precisará apoio para a difusom e a recolhida de sinaturas; estamos a desenvolver projetos de voluntariado para a eliminaçom de espécies invasoras como o eucalipto em hábitats sensíveis; e vamos realizar junto com varias comunidades de montes projetos de custódia para a recuperaçom de montes queimados de cara à primavera.”

Os CExMV serám em todo caso de entrada livre para todas aquelas persoas que nom poidam aportar economicamente e prefiram faze-lo em forma de colaboraçom na produçom ou difussom dos mesmos. Haverá umha caixa de resisténcia para doaçons voluntárias dum mínimo de 5€.
Nenhuma persoa participante nos CExMV cobrará dinheiro.
A gestiom do dinheiro recadado nos CExMV será totalmente transparente e será publicado o dinheiro total recadado assi como se dará cumprida informaçom do destino final de todos os cartos.
Ademais existirá umha fila 0 com umha conta corrente de Amigos da Terra aberta em ES83/3070/0043/0261/6681/1023 para aquelas persoas que queiram aportar usando o concepto “Monte Vivo”.

Advertisements